Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.888

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (127/1997).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 127/1997, cítase o denunciado, Marcos López Martínez do que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 28 de xaneiro, ás 10.30 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que pode ser asistido de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña e prevíndoo de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966, da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo

e de que recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinteún de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O/A secretario/a

Rubricado

8670