Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.888

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (220/1997-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 220/1997-10, por instancia de Paulo Jorge Martins dos Santos contra Alberto Ramiro de la Fuente, Ricardo Luis Vázquez Pazos, Alberto Rodríguez Torreira e Paulo Jorge Martins dos Santos nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar a Paulo Jorge Martins dos Santos co fin de que o día oito de xaneiro de 1998, ás trece horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciante, apercibíndoo de que de non verificalo recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que tente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Paulo Jorge Martins dos Santos expido e asino en Santiago de Compostela o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8268