Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 26 de setembro de 1997, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 1/97 no ensanche, comprendendo as parcelas propiedade de Andrés Caaveiro Caaveiro e José Antonio Caaveiro Martínez que compoñen as dúas zonas da unidade: zona 1. Parcela de 308 m destinados a edificación residencial, cos seguintes lindeiros: norte, parcela segregada e cedida a Antonio Fernández Sande e outros; leste, fronte á rúa en proxecto, parcelas segregadas de Antonio Fernández Sande e outros e Andrés Caaveiro Caaveiro; sur, José Antonio Caaveiro e Andrés Caaveiro; e oeste, onde terá fronte á rúa Retorta, Sres. Caaveiro. Zona 2. Parcela de 368,63 m destinada a zona verde de sistema local (V-65) cos seguintes lindeiros: norte, vía do ferrocarril de Ferrol a Betanzos; sur, futura rúa Río Xubia; leste, Prado Illán e máis da mesma propiedade de Carmen

Rivera e oeste, irmáns Sanjurjo Rejo. Os terreos comprendidos na unidade teñen a clasificación de solo urbano. Así mesmo acordouse a non necesidade de reparcelación no ámbito desta unidade, por renuncia expresa dos propietarios afectados, segundo o artigo 188.3º do Regulamento de xestión da Lei do solo, que cobrará plena efectividade coa aprobación definitiva da delimitación da unidade urbanística.

De conformidade co establecido no artigo 38 do regulamento citado, sométese o expediente á información pública durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, a efecto de presentación de reclamacións e observacións que, se é o caso, dirixiranse á alcaldía-presidencia.

Durante o trámite de información pública pode consultarse o expediente na Xerencia de Urbanismo do Concello e en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 15 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado