Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a subministración de sondas xerais. (C.P. 10/98).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: sondas xerais.

Orzamento: 14.586.876 ptas.

Garantía provisional: 291.738 ptas.

Lote 1: sonda 3 vías nº 22.

Orzamento: 866.700 ptas.

Garantía provisional: 17.334 ptas.

Lote 2: sonda aspiración (6 ó 18).

Orzamento: 2.782.296 ptas.

Garantía provisional: 55.646 ptas.

Lote 3: sonda erutieman (12 ó 24).

Orzamento: 3.100.500 ptas.

Garantía provisional: 62.010 ptas.

Lote 4: sonda fogarty longa (3 ó 5).

Orzamento: 1.785.240 ptas.

Garantía provisional: 35.705 ptas.

Lote 5: sonda foley (12 ó 24).

Orzamento: 1.224.000 ptas.

Garantía provisonal: 24.480 ptas.

Lote 6: sonda foley silicona (12 ó 22).

Orzamento: 1.251.000 ptas.

Garantía provisonal: 25.020 ptas.

Lote 7: S. flexiflo C/lastre nº 8 longa.

Orzamento: 2.028.780 ptas.

Garantía provisional: 40.576 ptas.

Lote 8: sonda tieman (12 ó 22).

Orzamento: 1.548.360 ptas.

Garantía provisional: 30.967 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto (tramitación anticipada).

II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo servicio de compras e subministracións e se é o caso a partir dos 15 días naturais seguintes á sinatura do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos materiais: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 31 de outubro de 1997.

Teresa Araguas Álvarez

Directora-xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

8601