Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, polo procedemento aberto e tramitación urxente, o concurso 22/1997 para a adquisición de equipamento sanitario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a adquisición de equipamento sanitario.

1. Entidade adxudicadora.

Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: CP 22/1997.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: equipamento sanitario.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

Lote 1: centrífuga.

Lote 2: sistema integral de anestesia.

Lote 3: mesa cirúrxica para xinecoloxía.

Lote 4: monitor desfibrilador.

Lote 5: cámara TV dixital para artroscopia.

Lote 6: carro emerxencia parada cardíaca.

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de administración, estrada San Pedro, s/n, en Ferrol.

d) Prazo de entrega: ve-lo anexo I dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

20.275.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote (segundo anexo I).

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Pro

fesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono (981) 33 40 32. Fax (981) 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica acreditaranse de acordo co establecido nos artigos 16 e 18 da Ley 13/1995, de contratos das administracións públicas, e no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 30 de outubro de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

8600