Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/296-1).

Visto o expediente para outogamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: moificado III L.M.T. subestación Cabana de Bergantiños-Vilariño-Ponteceso.

Situación: municipio de Ponteceso.

Descricións técnicas: modificado III o proxecto de L.M.T. subestación Cabana de Bergantiños-Vilariño-Ponteceso. L.M.T. a 20 kV de 646 m de lonxitude, con orixe na subestación de Cabana de Bergantiños e final no apoio número 7. L.M.T. a 20 kV de 2.386 m de lonxitude, con orixe no apoio número 7 e final no apoio número 13, cambio aéreo-subterráneo. L.M.T. subterránea a 20 kV, de 1.060 m de lonxitude, de enlace, con orixe no apoio número 13 e final no apoio que se vai instalar na L.M.T. Ponteceso-Malpica de Bergantiños. Municipio de Ponteceso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 6 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8185