Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/253-1).

Visto o expediente para outogamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sura e Piñor.

Situación: Ames e Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV a C.T Sura e derivada a C.T. Piñor, de 2.321 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. denominada a C.T. Portela e final nos CC.TT. que se van construír denominados Sura e Piñor. CC.TT. de 50 kVA C/U. RR.BB.TT. a 380 V que parten dos CC.TT. de Sura e Piñor, cunha lonxitude total de 642 m en R.Z. Concello de Ames.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8320