O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira Pedra da Barca, situada no lugar de Pasarela, concello de Vimianzo, provincia da Coruña.
Segundo.-Para os oportunos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.
* Concello de Vimianzo.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1997.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente
8520