Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da concesión mineira Petón número 6709.

O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da concesión mineira Petón nº 6709, situada nos concellos de Oroso e Ordes, provincia da Coruña.

Segundo.-Para os oportunos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.

* Concellos de Oroso e Ordes.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1997.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente

8304