O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: equipamento tocoxinecoloxía, oftalmoloxía, dermatoloxía e neonatoloxía.
Orzamento: 20.400.000 ptas.
Garantía provisional: 408.000 ptas.
Lote 1: ecógrafo+sondas abdominal e endovaxinal servicio de tocoxinecoloxía.
Orzamento: 12.500.000 ptas.
Garantía provisional: 250.000 ptas.
Lote 2: perímetro automático servicio de oftalmoloxía.
Orzamento: 2.000.000 de ptas.
Garantía provisional: 40.000 ptas.
Lote 3: aspirador de fume servicio de dermatoloxía.
Orzamento: 500.000 ptas.
Garantía provisional: 10.000 ptas.
Lote 4: monitor servicio de neonatoloxía.
Orzamento: 2.000.000 de ptas.
Garantía provisional: 40.000 ptas.
Lote 5: respirador servicio de neonatoloxía.
Orzamento: 3.400.000 ptas.
Garantía provisional: 68.000 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
II. Prazo de entrega: a entrega ós 15 días da adxudicación.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 50%.
Servicio técnico e mantemento: 30%.
Prazo de entrega: 20%.
Total puntuación: 100%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 as 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 29 de outubro de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente en función do Complexo
Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
8508