Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o equipamento de anestesia, cirurxía, pneumoloxía e uroloxía (plan de necesidades para 1997). (C.P. 145/97).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: equipamento de anestesia, cirurxía, pneumoloxía e uroloxía.

Orzamento: 25.400.000 ptas.

Garantía provisional: 508.000 ptas.

Lote 1: respirador reanimación.

Orzamento: 3.200.000 ptas.

Garantía provisional: 64.000 ptas.

Lote 2: respirador de quirófano.

Orzamento: 4.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 80.000 ptas.

Lote 3: monitores sala espertar.

Orzamento: 1.800.000 ptas.

Garantía provisional: 36.000 ptas.

Lote 4: equipo de radiografía/fluoroscopia portátil. Unidad video impresora de uroloxía.

Orzamento: 9.400.000 ptas.

Garantía provisional: 188.000 ptas.

Lote 5: respirador de ventilación invasiva.

Orzamento: 4.500.000 ptas.

Garantía provisional: 90.000 ptas.

Lote 6: unidad de ultrasóns p/ medición de volume vesical.

Orzamento: 1.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 20.000 ptas.

Lote 7: aparello de espirometría.

Orzamento: 1.500.000 ptas.

Garantía provisional: 30.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: a entrega ós 15 días da adxudicación.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Servicio técnico e mantemento: 30%.

Prazo de entrega: 20%.

Total puntuación: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 as 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 23 de outubro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

8457