Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), en relación co artigo 9 do Regulamento para a explotación de viveiros flotantes de cultivo, aprobado por Decreto de 30-11-1961 (BOE nº 304), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Mascato.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal D, cuadrícula 51.
Data da concesión: 21-2-1957.
Data de finalización da última prórroga: 13-3-2002.
Anterior concesionario: Ramón Bemposta Lemiña, Rosa Méndez Bouzas, Isolino Méndez Bouzas e Gardenia Montenegro Martínez.
Novo titular da concesión e batea: Isolino Méndez Bouzas e Gardenia Montenegro Martínez.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 13 de outubro de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado territorial da Coruña
8502