Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Arau, a favor de Filomena España Silva e Luis García Pose.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), en relación co artigo 9 do Regulamento para a explotación de viveiros flotantes de cultivo, aprobado por Decreto do 30-11-1961 (BOE nº 304), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Arau.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 240.

Data da concesión: 21-2-1957.

Data do remate da última prórroga: 13-3-2002.

Anterior concesionario: Ramón Bemposta Lemiña, Rosa Méndez Bouzas, Isolino Méndez Bouzas e Gardenia Montenegro Martínez.

Novo titular da concesión e batea: Filomena España Silva e Luís García Pose.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 13 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

8218