Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de outubro de 1997 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Juncal IV.

Visto o expediente incoado por Dolores Martínez Romero, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Juncal IV, outorgado pola Orde ministerial do 27-1-1966, situada na cuadrícula nº 83, do polígono A de Cambados, rematando a concesión o 11-2-2006, e da que eran titulares Benito Alcalde Bravo e Dolores Martínez Romero.

Tendo en conta o informe do Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1 do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de derradeiras vontades, o testamento do falecido, a relación de bens e as escrituras notariais de renuncia hereditaria debidamente liquidadas de imposto, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Elena Alcalde Martínez (76.497.086) e de Manuel Alcalde Martínez (33.210.379).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 1 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

8214