Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4794 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a instalación eléctrica que se cita:

Peticionario: UTE IDAE-Pascual II.

Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctrica en fábrica de leite.

Situación: Outeiro de Rei (Lugo).

Descricións técnicas: central coxeración; motor turbina central KB-7, 4.643 kW; combustible gas natural; xerador Brush, 5800 kVA, 11 kV; centro de transformación trafo 7 MVA, 11/20 kV.

Orzamento: 444.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de trinta días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 30 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8213