Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 05 de novembro de 1997 Páx. 10.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997 pola que se anuncia poxa pública para o alleamento de locais comerciais, integrados nos grupos ou polígonos dos expedientes C-92/030 e dous máis.

Anúnciase poxa pública para o alleamento, de conformidade co previsto no artigo 2º do Decreto 336/1992, do 26 de novembro, sobre normas de adxudicación de locais de negocio do Instituto Galego da Vivenda e Solo, dos locais comerciais existentes en Santiago de Compostela e Ferrol, integrados nos grupos ou polígonos de vivendas construídos ó abeiro dos expedientes que a continuación se relacionan, con expresión da súa numeración, situación, superficie aproximada e importe tipo.

-Expte: C-92/010.

Localidade: As Fontiñas, Santiago de Compostela (A Coruña).

Local número predio rexistral: 1.

Situación planta-bloque-portal: baixa R-8.7.

Sup. aprox. m útiles: 90,80.

Importe pesetas: 6.670.875.

Local número predio rexistral: 2.

Situación planta-bloque-portal: baixa R-8.7.

Sup. aprox. m útiles: 21,15.

Importe pesetas: 1.185.373.

Nota: o predio rexistral nº 1 ten como anexo un garaxe de 25 me un rocho de 3,225 m, sinalado co nº 31.

-Expediente C-92/030.

Localidade: As Fontiñas, Santiago de Compostela (A Coruña).

Local número predio rexistral: 7.

Situación planta-bloque-portal: baixa R-9, IV.

Sup. aprox. m útiles: 285,07.

Importe pesetas: 17.630.390.

Nota: o predio rexistral nº 7 ten como anexo o garaxe nº 21 de 25 m e o rocho nº 21 de 4,50 m.

-Expediente C-92/060.

Localidade: Telleiras, Ferrol (A Coruña).

Local número predio rexistral: 4.

Situación planta-bloque-portal: baixa-entrepl. P-F.

Sup. aprox. m útiles: 66,70.

Importe pesetas: 3.738.268.

Local número predio rexistral: 5.

Situación planta-bloque-portal: baixa-T. Bazán P-F-B.

Sup. aprox. m útiles: 46,45.

Importe pesetas: 2.603.336.

Local número predio rexistral: 6.

Situación planta-bloque-portal: baixa T. Bazán P-G.

Sup. aprox. m útiles: 19,20.

Importe pesetas: 1.076.083.

-Expediente C-92/070.

Localidade: Telleiras, Ferrol (A Coruña).

Local número predio rexistral: 1.

Situación planta-bloque-portal: baixa-Alt. P-A.

Sup. aprox. m útiles: 37.

Importe pesetas: 2.073.702.

Local número predio rexistral: 2.

Situación planta-bloque-portal: baixa-entrepl. P-C-D.

Sup. aprox. m útiles: 67,50.

Importe pesetas: 3.755.082.

A poxa rexerase polo prego de cláusulas administrativas particulares aplicable ó alleamento dos locais de negocio en adiante (PCAP), aprobado por esta dirección xeral con data do 14 de decembro de 1995, que estará á disposición dos posibles licitadores nos rexistros xerais do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Santiago de Compostela e na súa Delegación Provincial da Coruña.

O prazo de presentación das proposicións pecharase ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o último día para a presentación de proposicións, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do día seguinte hábil. As propostas, que se axustarán ás previsións contidas no PCAP, presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na Área Central, s/n, polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela, e na súa Delegación Provincial da Coruña, sita no edificio de servicios múltiples, 9ª planta, da rúa Salvador de Madariaga s/n, de 9 a 14 horas, ou ben por correo. Se se utiliza o procedemento de envío por correo, deberanse cumpri-los requisitos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratacións do Estado, modificado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

A poxa celebrarase en acto público nas dependencias da xefatura da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, ás 10 horas do cuarto día seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado entenderase prorrogado ó seguinte día hábil.

Os importes dos anuncios serán satisfeitos proporcionalmente polos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

8169