Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 05 de novembro de 1997 Páx. 10.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Serafín, a favor de Elma Ojea Muñiz, Manuel Antonio Franco Ramos, Mª del Carmen González Vázquez, Francisco Fernández Trillo, José Manuel Fernández Trillo, Mª Josefa Pérez González, Mª Isabel Cortés Viturro, Ángel Manuel Ojea Muñiz e Luz Muñiz Torrado.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Serafín.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal B, cuadrícula 50.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data de finalización da última prórroga: 15-4-2004.

Anterior concesionario: Pilar Muñiz Pérez e José Romero Mariño.

Novo titular da concesión e batea: Elma Ojea Muñiz, Manuel Antonio Franco Ramos, Mª del Carmen González Vázquez, Francisco Fernández Trillo, José Manuel Fernández Trillo, Mª Josefa Pérez González, Mª Isabel Cortés Viturro, Ángel Manuel Ojea Muñiz e Luz Muñiz Torrado.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 1 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

8410