Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, da liña eléctrica, centro de transformación e redes de baixa tensión de Campoverde, Pereiroas e Real, que afecta ó termo municipal de Pantón. (Expediente 001/97).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez, 45, Ourense, no que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do Regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 40/1994, aplicable en virtude da instrucción do 14-11-1996, do conselleiro de Industria e Comercio, entre os que cabe cita-lo de información pública e notificación ós titulares.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en corcondancia co artigo 56 da Lei 40/1994 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

Liña aérea de media tensión, 20 kV, orixe na L.M.T. ó C.T. Remesar e final no C.T. Pereiroas, cunha lonxitude de 0,921 km; conductor LA-56/54,6 mm, apoios de 6/HV 1/HVH. Centro de transformación intemperie de 50 kVA, sito en Pereiroas-Mato, 20.000/380/220 V. Liña de baixa tensión, aérea, en Campoverde, Pereiroas e Real, orixe no C.T. Pereiroas, de 0,19 km de lonxitude, conductores R.Z.-0,6/1 kV 3x95 Al+54,6 Alm; R.Z.-0,6/1 kV 3x50 Al+54,6 Alm; R.Z.-0,6/1 kV-3x25 Al+54,6 Alm.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 22 de setembro de 1997, entendido que os extremos que nel se recollen non teñen estidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comenzo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións públicadas no BOP de Lugo, do 3-6-1997, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial, nos días e horas que a cada interesado se

lle notifique individualmente. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación.

Lugo, 29 de setembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

97-8110