Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/262-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Parque Eólico da Barbanza, S.A.

Domicilio social: Avda. de Buros, 8-B, planta 18, 28000 Madrid.

Denominación: liña de 66 kV do parque eólico da Barbanza.

Situación: Porto do Son.

Descricións técnicas: liña aérea a 66 kV con orixe na subestación do parque eólico da Barbanza propiedade da sociedade e final na subestación de Porto do Son, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., cunha lonxitude de 6.950 m e percorrido polo concello de Porto do Son.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 29 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8077