Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos 329/1997.

Advertido erro, na devandita resolución, publicada no DOG nº 207, do luns, 27 de outubro de 1997, cómpre efectua-la oportuna corrección:

-No SUMARIO e na páxina 10.411, tamén no sumario, onde di: «..., Delegación Provincial da Coruña, polo que se fai público o acordo de iniciación...», debe dicir: «... Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente...».

-Na páxina 10.411, onde di: «..., notifícaselles ás persoas que se mencionan a continuación os acordos de iniciación dos expedientes...», debe dicir: «..., notifícaselles ás persoas que se mencionan a continuación as resolucións dos expedientes...».

-Na páxina 10.411, onde di: «Sancion prevista: 75.000 ptas.», debe dicir: «Sanción imposta: 75.000 ptas.».

8123