Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 8 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-45/1997, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalan a continuación, a resolución

do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectivo no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-11518-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-45/1997

Denunciado: Jesús Saco Barcia.

DNI nº: 42.953.532

Último enderezo coñecido: Verxeles, 1-5º. Viveiro-Lugo.

Feito denunciado: encontra-lo día 3 de febreiro nas inmediacións dunha granxa de porcino denominada Granxa do Monte do Campón unha fosa de eliminación de cadáveres que contiña no interior varios animais en avanzado estado de descomposición e encontrarse esta completamente aberta ó exterior sen ningún sistema de cerramento ou valado de protección.

Tipificación infracción: Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxido: artigos 157, 158, 159 e 168

-Precepto sancionador: artigo 216

-Sanción imposta: 100.000 ptas.

Lugo, 8 de outubro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

8333