Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.588

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (404/1997).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co nº 404/1997, se segue por instancia de Enrique e Manuel Fandiño Rodríguez un expediente para a declaración de falecemento de Ricardo, Félix, Laureano, Pascual e Santiago Fandiño Rodríguez, naturais de Amio-Santiago de Compostela, onde residiron ata que se ausentaron para a República Arxentina, sen que se teñan noticias deles desde hai máis de trinta anos, ignorándose o seu paradoiro. O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelo en coñecemento deste xulgado para seren oídos.

Dado en Santiago de Compostela o dezaseis de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

8021