Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.586

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 21 de outubro de 1997 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º desta, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a eles tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no citado anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles,

contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude figura como anexo II á presente orde.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia cotexada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e, unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación da resolución no DOG, o dito funcionario non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non estar resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto este e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderanse declarar desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

Este prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Non obstante, se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

-Código do posto: AG.A03.00.000.15770.009.

N.: 28.

C. Espec.: 1.639.104.

Gr.: AB.

Corpo: especial.

Denominación do posto: Xefe Serv. Técnico de Producc. Animal.

Dependencia: Subdirec. Xeral de Modernización de Explotacións.

Localidade: Santiago de Compostela.

Titulación académica/formación específica: 670/673.

-Código do posto: AG.AO3.00.000.15770.004.

N.: 28.

C. Espec.: 1.639.104.

Gr.: AB.

Corpo: especial.

Denominación do posto: Xefe Servicio Axudas Estructurais.

Dependencia: Subdirec. Xeral de Modernización de Explotacións.

Localidade: Santiago de Compostela.

97-8284