Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 21.1º m) da Lei 7/1985, do 2 de abril (segundo modificación da Lei 7/1997, do 14 de abril), esta alcaldía aprobou inicialmente o estudio de detalle dos terreos situados na parte traseira dos edificios números 85 e anteriores da Avda de Celanova-A Valenzá deste termo, redactado polo arquitecto Requejo Conde. Sométese a información pública o devandito documento e o expediente, durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para o seu exame na secretaría municipal e poderán presentarse, no referido prazo, as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia.

Barbadás, 20 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8047