Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación de empresarios de Cerceda.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación desta delegación provincial, foron depositados ás 11 horas do día 8 de outubro de 1997 a acta de constitución e os estatutos da asociación de empresarios de Cerceda, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: persoas naturais o xurídicas, españolas ou estranxeiras que exerciten calquera actividade industrial ou mercantil, vinculadas dunha ou outra forma á industria, comercio ou ós servicios e que estea instalada ou pretenda instala-la súa industria no termo municipal de Cerceda.

Asinan a acta de constitución: Manuel Rodríguez Muíño e nove persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 8 de outubro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

8260