Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/259-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Pontevedra.

Denominación: L.M.T. e C.T. Mide-Estación.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 415 m, de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 21 da L.M.T. ó C.T. Radio Faro, rematando no C.T. que se proxecta en Mide-Estación, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA. Relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 29 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7890