Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/258-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío liñas eléctricas en acceso a Cotogrande.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. ó centro de seccionamento Peinador, será subterránea de 750 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. e L.M.T. ó C.T. de Cotogrande, subterránea, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio D-27 da liña SDM 7.13 ata o apoio D-112 da liña ATI 7.23 e AT 7.24 e desde o centro de seccionamento de Peinador ata o apoio do pase aéreo-subterráneo da L.M.T. ó C.T. Cotogrande. O centro de seccionamento levará conductor tipo R.H.V. de 5 m de lonxitude. R.B.T. subterránea, de 466 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 29 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8019