Convócase a concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun canal de xeración de ondada para a ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: trece millóns cento corenta mil pesetas (13.140.000 ptas.).
Garantía provisional: duascentas sesenta e dúas mil oitocentas pesetas (262.800 ptas.).
A Coruña, 21 de outubro de 1997.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente da Universidade da Coruña
8064