Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 10/1997, por procedemento aberto, para o mantemento dos servidores centrais dos servicios informáticos de xestión. (Expediente 2073/1997).

Convócase a concurso público, por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, do mantemento dos servidores centrais dos servicios informáticos de xestión.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servicios concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: cinco millóns duascentas cincuenta mil novecentas dúas pesetas (5.250.902 ptas.).

Garantía provisional: cento cinco mil dezaoito pesetas (105.018 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de vixencia: un ano.

A Coruña, 21 de outubro de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

8244