Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental da planta de tratamento de residuos sanitarios promovida por Remesa no concello de Cerceda (A Coruña).

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental de implantación dunha planta de tratamento de residuos sanitarios, situada no lugar coñecido como Monte da Areosa, concello de Cerceda (A Coruña) e solicitado por Remesa.

Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial de industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

8194