Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/254-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Barreiros-Parada de Achas.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.151 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o C.T. existente de Barreiros rematando no C.T. existente de Parada de Achas, concello da Cañiza.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 19 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7920