Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/253-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Esteiro.

Situación: Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, a 12/20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde o apoio 59 da L.M.T. ó C.T. cemiterio, rematando no C.T. que se proxecta en Esteiro, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-soterrada, de 220 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 40 m de lonxitude o tramo soterrado, con conductor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7923