Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.445

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 297/1997, do 24 de outubro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, en funcións, a Hispanoamérica é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, en funcións, con motivo da súa viaxe a Hispanoamérica, encárgaselle o despacho de asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, desde o día 25 de outubro ata o seu regreso, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en funcións.

Santiago de Compostela, vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

7996