Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto das obras de saneamento integral do concello de Moaña (Pontevedra).

1. Nome, enderezo, nº de teléfono e telégrafo, télex e telefotocopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Organismo autónomo Augas de Galicia.

Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela.

A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 45 51.

Telefax nº: (981) 54 45 29.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación.

Saneamento integral do Concello de Moaña (Pontevedra).

De clave: OH.336.338, orzamento estimado: 1.049.798.946 ptas. (mil corenta e nove millóns setecentas noventa e oito mil novecentas corenta e seis pesetas).

3. a) Lugar de execución.

Termo municipal de Moaña (Pontevedra).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra.

Con estas obras recóllense, mediante un colector costeiro, tódolos vertidos do municipio de Moaña, para conducilos cara á EDAR de tipo biolóxico que se proxecta para unha poboación equivalente de 35.000 habitantes.

-Colector costeiro: 10.843 ml, PVC (300-800 mm).

-Colectores de cabeceira: 14.352 ml, PVC (200 mm).

-Bombeos: 8.

-Obras auxiliares: 485 ud. pozos de rexistro. 9.253 metros cadrados de reposición de pavimento.

-EDAR: 35.000 habitantes (tipo biolóxico).

-Emisario submarino: 1.550 ml, P.E. (400 mm).

Orzamento estimado: 1.049.798.946 pesetas (mil corenta e nove millóns setecentas noventa e oito mil novecentas corenta e seis pesetas).

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

42 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no apartado número 1.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 19 de decembro de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no apartado 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto coa traducción oficial.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 30 de decembro de 1997, ás 10 horas, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional do 2% do orzamento estimado de contrata (20.995.979 ptas.) e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata da solución elixida.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que a regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

17. Data de envío do anuncio: 23 de outubro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 23 de outubro de 1997.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

7947