Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto das obras de saneamento integral de Gondomar (Pontevedra).

1. Nome, enderezo, nº de teléfono e telégrafo, télex e telefotocopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Organismo autónomo Augas de Galicia.

Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela.

A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 45 51.

Telefax nº: (981) 54 45 29.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación.

Saneamento integral de gondomar (Pontevedra).

De clave: OH.336.373, orzamento estimado: 1.099.218.284 ptas. (mil noventa e nove millóns duascentas dezaoito mil duascentas oitenta e catro pesetas).

3. a) Lugar de execución.

Termo municipal de Gondomar (Pontevedra).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra:

Recóllense con estas obras as augas residuais do municipio de Gondomar, a zona baixa do Val Miñor e a conca do río Zamáns, mediante a construcción de colectores interceptores, colectores primarios e secundarios que conducen os vertidos á EDAR de tipo biolóxico, que se proxecta para un ha poboación equivalente de 24.000 habitantes.

-Colector interceptor do río Zamáns: 8.590 ml, de fibrocemento (500-600 mm).

-Colector interceptor do río Miñor: 3.740 ml, de fibrocemento (400-800 mm).

-Rede primaria de colectores: 31.824 ml, de formigón e fibrocemento.

-Rede secundaria de colectores: 3.710 ml, de formigón (300 mm).

-Obras auxiliares: 1.145 ud. de pozos de rexistro. 49.810 metros cadrados de reposición de firme.

-EDAR: 24.000 habitantes (tipo biolóxico).

Orzamento estimado: 1.099.218.284 pesetas (mil noventa e nove millóns duascentas dezaoito mil duascentas oitenta e catro pesetas).

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

42 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no apartado número 1.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 19 de decembro de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no apartado 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 30 de decembro de 1997, ás 10 horas, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional do 2% do orzamento estimado de contrata (21.984.366 ptas.) e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata da solución elixida.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que a regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria:

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

17. Data de envío do anuncio: 23 de outubro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 23 de outubro de 1997.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

8193