Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/75-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Estribela.

Situación: Marín.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 460 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. subterránea existente entre os CC.TT. R. Vázquez e Safricope, alimentando en Bucle ó C.T. que se proxecta en Estribela, e rematando na mesma liña subterránea, concello de Marín. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 25 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

97-7761