Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/31-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: Modif. proxecto L.M.T., C.T. Couto de Abaixo (A.T. 51/1991) Cambados.

Situación: Couto de Abaixo, Cambados.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, dunha lonxitude de 393 m, con conductor de Al tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio número 13/630 da L.M.T. ó C.T. Couto de Abaoixo, rematando no C.T. proxectado en Couto de Arriba, concello de Cambados. C.T. aéreo, sobre apoio de formigón cun trafo de 160 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea, dunha lonxitude de 125 , con conductor de Al, tipo R.Z., sobre apoio de formigón. Sendo o trazado inicial autorizado por esta delegación con data 9-10-1991 (A.T. 51/1991).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 25 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7924