Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (382/1997).

En virtude do acordado por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instancia número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos nesta xulgado co número 382 de 1997, por instancia de Emilia Galiñanes Bugallo, representada pola procuradora Goimil Martínez; por medio da presente cédula, emprázase o esposo demandado, Balbino Eugenio Fernández Liste, maior de idade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de vinte días compareza en autos, en forma e conteste a demanda, formulando se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e non facerlle outras notificacións que as sinaladas na lei. Faiselle saber que as copias da demanda e dos documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento, en forma ó referido demandado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintenove de setembro de mil novecentos noventa e sete.

Gonzalo J. Cabeleiro de Saa

Secretario xudicial

7955