Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (1/1996).

No expediente de quebra de Maderas Raviña, S.A., seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa co número 1/1996, por providencia de data vintetrés de setembro, acordouse facer público que na xunta extraordinaria para o nomeamento de dous novos síndicos, celebrada o cinco de setembro do presente ano, foron designados síndicos primeiro en substitución de Ricardo López Espiño, a Alberto Manuel Varela Muñiz, con domicilio en rúa Ponte de Pedra 1, edificio Mapfre, A Coruña 15008, e síndico terceiro en substitución de Francisco García Otero, a Enrique Gómez Suárez con domicilio en rúa Casas Reales 14, Santiago de Compostela, os cales tomaron posesión do seu cargo.

Dado en Arzúa o vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7968