Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.422

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997 pola que se convocan unhas xornadas de estudio sobre a responsabilidade patrimonial das administracións públicas e do persoal ó seu servicio.

A Escola Galega de Administración Pública organiza unhas xornadas de estudio sobre a responsabilidade patrimonial das administracións públicas e do persoal ó seu servicio, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Potencia-los coñecementos dos participantes sobre o novo sistema introducido pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en materia de responsabilidade das administracións públicas e do persoal ó seu servicio, con especial incidencia na responsabilidade derivada do funcionamento da Administración sanitaria, de xustiza e educativa.

Trataranse estos temas:

-Responsabilidade patrimonial da Administración pública: principios e procedementos.

-Responsabilidade das autoridades e persoal ó servicio das administracións públicas.

-A responsabilidade civil da Administración no Código Penal.

-Responsabilidade polo funcionamento anormal da Administración de xustiza.

-Responsabilidade patrimonial e Administración sanitaria: presupostos e xurisdicción competente.

-Responsabilidade dos centros docentes públicos e do profesorado por danos causados ós seus alumnos.

-A responsabilidade da Administración e medio ambiente.

3. Destinatarios.

Funcionarios da Administración de xustiza e da Administración estatal, autonómica e local: profesionais do dereito, docentes universitarios, xuristas e interesados en xeral.

4. Lugar e datas.

As xornadas convocadas terán lugar os días 10 e 11 de novembro no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

A dita actividade abrirase o luns, día 10 de novembro, e rematará o martes día 11.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o mércores, día 6 de novembro de 1997.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da Egap (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela). Tfno.: 54 60 40. Fax: 54 63 37.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura o final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando, a partir do día 6 de novembro, por teléfono de 10.30 a 14.45 horas, o seguinte número: (981) 54 62 39.

6. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a estas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola galega de Administración Pública

8094