Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.420

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997 pola que se convoca un curso sobre relacións co cidadán.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre relacións co cidadán, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos:

a) Adquirir habilidades para controla-lo xurdir de conflictos cos cidadáns e reduci-lo seu impacto cando se producen.

b) Adquirir habilidades para relacionarse eficazmente cos cidadáns.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais do concello de Vigo e concellos limítrofes, e membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 40.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 10 de novembro de 1997, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal ou polo concelleiro delegado e seladas, será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito levará consigo a non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono de As Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas: a) Principios que rexen a conducta humana. b) O role playing e o ensaio de conducta: 1. Intervención en situacións de crise. 2. Facer e recibir críticas. 3. Saber escoitar. 4. Solución de problemas.

Datas.

O curso celebrarase en datas do 17 ó 21 de novembro de 1997.

O horario será de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 13 de novembro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

O curso desenvolverase nos locais da policía local do Concello de Vigo.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada, non podendo supera-las faltas de asistencia a el un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, levará consigo a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

8166