Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do correspondente proxecto sectorial. (Expediente 007-EOL).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións

en materia de instalacións eléctricas, 2366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica e 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude da empresa Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do correspondente proxecto sectorial do parque eólico Soán coas seguintes características:

Peticionario: Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., Plaza de Ferrol, 6-10, 27001 Lugo.

Situación: concellos de Muras e Valadouro.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM): V(621.000, 4.820.000); V(621.000, 4.817.000).

V(616.600, 4.818.900); V(616.529, 4.818.948).

V(616.982, 4.819.600); V(618.800, 4.819.600).

V(618.800, 4.820.000).

Características técnicas principais:

-27 aeroxeradores de potencia unitaria 750 kW cunha potencia total que se vai instalar de 20,25 MW.

-27 transformadores de potencia nominal unitaria 1.000 kVA, coas súas correspondentes liñas eléctricas de interconexión.

As persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-las súas obxeccións ou oposición a el, no prazo de 30 días, nesta delegación provincial na rúa Pascual Veiga, 12-14 (Lugo 27071), ou en calquera das formas e lugares recollidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 13 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7658