Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento de actas previas.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, con data do 5 de agosto de 1997, aprobouse o proxecto de execución e autorizada a instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV entre a subestación do parque eólico de Coriscada (apoio nº 63) ata o apoio nº 11 (inclusive) e a derivación á subestación do parque eólico do Vicedo (que se inicia no apoio nº 33 e dispón de 8 apoios).

Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 40/1994, de ordenación do sistema eléctrico nacional, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos con

cellos onde se localizan os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación e, se procedese, o da ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, con gastos á súa custa.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalarán día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio Gamesa e Eurovento, S.L. unipersonal asumirán a condición de beneficiarias.

Lugo, 10 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de titulares descoñecidos:

Termo municipal: Viveiro.

PN=114 TD=Descoñecido. L=Biduído, A.AP=15, V=1.600 m. CT=MB.

PN=116 TD=Descoñecido. A.AP=16, V=700 m. CT=MB.

Abreviaturas utilizadas:

Datos catastrais: PN=predio número. TD=titular e enderezo. L=lugar.

Afecciones: A=afección. AP=apoio, V=voo. CT=clase terreo. MB=monte baixo. AR=arboredo. Pr=prado. EU=eucalipto. LAB=labrado. JU=xuncos. VI=viña. PI=piñeiros. FR=froitos.

8074