Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 59/1996).

Declarada de urxente a instalación da liña eléctrica aérea a 66 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, conductor LA-180, de 17.666 m de lonxitude, con orixe na planta eólica de Zas-Santa Comba, e remate na subestación de Vimianzo de Unión Eléctrica-Fe

nosa, S.A., no seu percorrido polos termos municipais de Santa Comba, Zas e Vimianzo (expediente 59/1996), a efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso por Decreto 272/1997, do 18 de setembro, (Diario Oficial de Galicia do 6-10-1997), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Desarrollos Eólicos, S.A., con enderezo na Avda. da Buhaira, 2, 41018 Sevilla.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, faise saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen na relación publicada no DOG do 2-7-1997, que o representante e o perito da Administración se constituirán o día 13 de novembro de 1997, a partir das 11 horas nos predios de Vimianzo, e a partir das 11.30 horas nos predios de Zas, para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas das casas consistoriais as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e dereitos afectados por expropiación ou servidumes.

Advírtese ós interesados, ós que se lles practicará notificación ó efecto, que deben concorrer o acto por sí ou persoas que os representen, e se así o estiman cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións no mesmo e aportar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, ós sós efectos de emendar posibles erros da relación.

Esta publicación se realiza igualmente ós efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación: e así dirixir o Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 8 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8075