Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle para fixación de aliñacións transversais na avenida Alcalde Antela (Lavadores), (expediente 4248/41).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 5 de setembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para completa-las aliñacións e rasantes do vial de servicio transversais na Avda. Alcalde Antela na parroquia de Lavadores, conforme a documentación presentada por Peregrina Costas Silva e elaborada polo arquitecto Martínez Díaz, visada polo COAG os días 26 de novembro de 1996 e 20 de marzo de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

O prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 26 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente

7744