Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 22 de setembro de 1997, aprobou inicialmente o estudio de detalle e o proxecto de reparcelación da unidade de xestión número 20 (UX-20) en Rosalía de Castro-Santa Marta, promovidos por Monteviejo Inversiones Inmobiliarias, S.L. Os expedientes expóñense ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

7712