Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.300

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL. DIRECCIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA EN VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997, da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Pontevedra, pola que se anuncia terceira poxa pública para o alleamento do predio que se cita.

Declarada a alienabilidade por resolución da Dirección Xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social con data do 25-4-1996 e autorizado o seu alleamento pola resolución do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais con data do 24-6-1996 e declaradas desertas as anteriores poxas públicas, convócase terceira poxa pública para o alleamento do seguinte predio: «Urbana: Salvaescura ou Buratiña e Pío, sita nos lugares de Pío e Lameliña, parroquia de Bora, concello de Pontevedra, dunha hectárea, oitenta e dúas áreas e cincuenta e seis centiáreas. Sobre este predio existen diversas edificacións».

-Tipo mínimo de licitación: 78.233.384 ptas.

-Prego de condicións: os pregos de condicións poderán ser recollidos na sede da Dirección Provincial sita na rúa García Barbón, 26-2ª planta, Vigo (Pontevedra).

-Depósito para tomar parte na poxa: 20% do tipo de licitación.

-Data e lugar da poxa: a poxa comezará ás once horas do día 27-11-1997 na sala de xuntas desta dirección provincial.

-A totalidade dos gastos serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 8 de outubro de 1997.

Miguel Ángel Vázquez Ares

Director provincial de Pontevedra