Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.300

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN HOSPITAL COMARCAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ACORDO do 10 de outubro de 1997 polo que se anuncia a contratación de persoal da fundación pública Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira.

Posto convocado: director de xestión.

Formación: titulado superior e curso de posgrao na xestión de empresas.

Requírese experiencia de xestión no sector sanitario, así como coñecementos de ofimática básica.

Os interesados deberán enviar currículum vitae completo, debidamente xustificado, ó apartado de

correos número 2054 da Coruña, dirixido ó director da fundación, no prazo máximo de dez días naturais, contados desde a publicación deste acordo.

Cee, 10 de outubro de 1997.

José Rey Aneiros

Director da fundación pública Hospital Virxe

da Xunqueira

7978