Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración de 27.000 almanaques da Coruña para 1998.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras. b) Número de expediente: S97/109.

2. Obxecto de contrato:

a) Descrición do obxecto: almanaques.

b) Número de unidades que hai que entregar: 27.000.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: fixarano os licitadores e non poderá ser superior á data 10 de nadal de 1997.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 80.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

1ª) Entidade: véxase punto 1.

2ª) Enderezo: véxase punto 6 b).

3ª) Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnicas), e o seguinte lema: Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de 27.000 almanaques da Coruña para 1998.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 3 de outubro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

8022