Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a contratación do servicio de xestión de actividades do programa de promoción de bibliotecas escolares en colexios públicos do termo municipal da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: As97/25.

2. Obxecto de contrato: servicio de xestión de actividades do programa de promoción de bibliotecas escolares en colexios públicos do termo municipal da Coruña.

Prazo de execución: curso escolar, prorrogable ata catro.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.000.000 de ptas./curso escolar (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 200.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnicas), e o seguinte lema: Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación do servicio de xestión de actividades do programa de promoción de bibliotecas escolares en colexios públicos do termo municipal da Coruña.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 23 de setembro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

8023